Prazos

O prazo para inscribirse como asistente estará aberto ata o límite de capacidade do Auditorio, quedando reservadas 700 prazas para os docentes do ensino non universitario de Galicia. Unha vez rematados os prazos de inscrición que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, se quedaran prazas vacantes destas 700 reservadas, pasarían a acumularse ás prazas do profesorado non incluído no seu Plan de Formación do Profesorado.

Recepción de inscricións para o profesorado de Galicia que desexe certificación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Sistema de Xestión de Formación do Profesorado http://www.edu.xunta.es/fprofe

Data límite: 18 de abril de 2010

Código: X0902024

Prazo de presentación de comunicacións: ata o día 19 de abril. Comunicación de aceptación de comunicacións: 26 de abril.