Mesas redondas > Riscos e impactos do cambio climático
Francisco Anguita
Francisco Anguita doutorouse en 1972 en Vulcanoloxía na Universidade Complutense de Madrid, en cuxa Facultade de Ciencias Xeolóxicas continuou (até setembro de 2008) desenvolvendo o seu labor docente como profesor de Introdución á Xeoloxía e de Xeoloxía Planetaria. Desde 1985 até 2008 coordinou un Seminario de Ciencias Planetarias no que se iniciaron na investigación en este tema alumnos de distintas Facultades de Ciencias, moitos deles hoxe prestixiosos científicos. En 1990 fundou a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, que actualmente conta con máis de mil socios en España e Latinoamérica.
Viaxou por todo o planeta (do que se confesa namorado), tomando parte en dúas expedicións antárticas, unha de vixilancia volcánica e outra de recuperación de meteoritos. Actualmente investiga sobre a evolución tectónica de Marte e Venus, pero sostén que ningunha investigación pode ser tan apaixonante como unha boa clase. Entre os seus libros recentes figuran Historia de Marte, Biografía da Terra, Os volcáns das Canarias, Crónicas do Sistema Solar, Guía xeolóxica da Península Antártica e Planetas.
É cinéfilo e lector empedernido. Foi corredor de maratón, e é activista de Amnistía Internacional desde fai trinta anos.
Pablo Ángel Meira Cartea
Doutor en Ciencias da Educación e Profesor Titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia). As súas liñas de investigación céntrase nos fundamentos teóricos, ideolóxicos e éticos da Educación Ambiental (EA), a educación e a comunicación relacionada co cambio climático e o desenvolvemento estratéxico da EA. Participou e participa activamente na elaboración e avaliación de distintas estratexias territoriais de EA en España.
Coordinador do Proxecto Fénix de Avaliación da Estratexia Galega de Educación Ambiental. Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental. Forma parte do corpo docente do Programa Interuniversitario de Doutorado en Educación Ambiental que se imparte en 9 universidades españolas. Actualmente dirixe distintos proxectos de investigación en España, Portugal, Brasil, Colombia, México e Cabo Verde.
É membro de honra da Academia Mexicana de Educación Ambiental. Autor e coautor de máis de 100 monografías e artigos, entre as que destacan Educación Ambiental y desarrollo humano (Barcelona, Ariel, 2001, coautor con José A. Caride), “In Praise of Environmental Education” (Policy Futures in Education, Vol. 3, nº 3, 2005, 284-295), “Crisis ambiental y globalización: una lectura para educadores ambientales en un mundo insostenible” (Trayectorias. Revista de Ciencias Sociales, nº 20/21, 2006), e Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción (Ministerio de Medio Ambiente, 2009). Foi director do informe La sociedad ante el cambio climático. Conocimientos, valoraciones y comportamientos en la población española. 2009 (Fundación Mapfre, 2009).
X. Antón Álvarez Salgado
Licenciado (1989) e Doutor (1993) en Química pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa especialidade é a Oceanografía Química. Ao longo da súa traxectoria profesional foi investigador contratado no Plymouth Marine Laboratory do Reino Unido (1995-1996) e o Instituto de Investigacións Mariñas (1996-1998), profesor de cursos de posgrao, de extensión universitaria, doutoramento e master da Universidade de Vigo (desde 1996), Científico Titular (1999-2005) e Investigador Científico (desde 2006) do Consello Superior de Investigacións Científicas.
A súa investigación céntrase no estudo dos ciclos do carbono e os sales nutrientes en augas costeiras, de plataforma e oceánicas do Atlántico Norte, con especial énfase no ecosistema de afloramento costeiro de Galicia, tanto desde o punto de vista da explotación dos recursos vivos como do cambio global. Foi un dos coordinadores do estudo sobre as evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, CLIGAL. É autor/coautor de 80 traballos de investigación publicados en revistas e libros de difusión internacional nos campos da Oceanografía e a Ecoloxía Mariña e dirixiu 6 teses doutorais.
Francisco Díaz Fierros Viqueira
É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987.
Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, ten participado en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos financiados, ben como membro do equipo ben como investigador principal ou director.
É presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, coordinado na actualidade a Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, é o vicepresidente primeiro da institución. Ademais destes postos, Díaz Fierros é académico numerario da Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia (2000) e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España.
Algúns dos ámbitos que estudou nas súas numerosas publicacións científicas e liñas de investigación desenvoltas están moi relacionados co clima: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía.
Nas súas investigacións relativas á temática que vai a tratar neste congreso destaca a súa participación como: “Expert reviewer” no informe do IPCC Climate Change 2001: Impacts, Adpatation, and Vulnerability, Coautor do Informe Evaluación Preliminar de los Impactos en España por Efecto del Cambio Climático (Ministerio de Medio Ambiente- Universidad Castilla La Mancha, 2005) e Responsable do Medio Terrestre no proxecto da Consellería do Medio Ambiente sobre Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia (2007)
Como científico recibiu diversos premios entre os que destacan: “Fray Bernardino de Sahagún” da Deputación de León para traballos científicos en 1972, o “Federico Maciñeira” da Deputación da Coruña (1980), o Premio da Crítica á Investigación Científica (1996) e o Premio Nacional de Cultura Científica de Galicia (2008)
Mesa redonda: Investigación para a mitigación e adaptación ao cambio climático
Xavier Labandeira Villot
Licenciado en Ciencias Económicas. Universidade de Santiago, xuño de 1990.
Master Sc. en Economía Ambiental e dos Recursos Naturais, Department of Economics, University College London (Reino Unido), xullo de 1994.
Doutoramento Europeo en Economía, Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, febreiro de 1998. Directores de teses: Alberto Gago, José M. Labeaga e Stephen Smith.
Apto cum laude por unanimidade e Premio Extraordinario da Universidade de Vigo.
Situación profesional actual
Catedrático de Universidade do Departamento de Economía Aplicada, Universidade de Vigo. Director da Cátedra Iberdrola de Investigación sobre Economía do Cambio Climático, Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA). Promotor de Economics for Energy, centro privado de investigación sobre Economía Enerxética.
Vicente Pérez Muñuzuri
Subdirector Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. (en Comisión de Servizo da Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular Facultade de Físicas).
Actualmente na Subdirección trabállase nas políticas relacionadas coa estratexia galega fronte ao cambio climático, a promoción, coordinación e elaboración de proxectos de investigación ambiental, a xestión do sistema de observación e predición meteorolóxica de Galicia, Meteogalicia, o seguimento das redes de control e vixilancia da calidade das augas continentais e marítimas, así como a xestión dos sistemas de información ambiental.
Currículo:
Investigación na aplicación de métodos non lineais da física a problemas de mesturado en fluídos activos. Modelización atmosférica e oceanográfica. Máis dun centenar de publicacións en revistas internacionais. Investigador principal de proxectos de investigación nacionais e europeos. Coautor de dous libros sobre meteoroloxía e climatoloxía. Coordinador do Informe CLIGAL sobre as Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia. Organización de varias conferencias de rango internacional e nacional. Desde 1999 dirixe Meteogalicia, Servizo Meteorolóxico de Galicia.
Bernardo Parajó Calvo
Enxeñeiro Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid.
Director xerente da Axencia de Enerxía de Vigo dende a súa fundación, en maio de 2004 e tamén profesor asociado no departamento de Enxeñería Eléctrica na ETS de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Antes da súa incorporación á Axencia traballou en empresas privadas durante quince anos, primeiro de servizos de enxeñería e despois de instalacións eléctricas e electrónicas industriais.
Participou como docente en cursos de posgrado na Universidade de Vigo e en diversos congresos e xornadas técnicas así como en proxectos de investigación e colaboración Empresa-Universidad
Antonio Salas Ellacuriaga
Profesor da Unidade de Xenética do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e investigador Grupo de Investigación de Medicina Xenómica da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Formado no equipo de Ángel Carracedo, co que segue colaborando, na actualidade xa é unha referencia mundial en xenética forense e de poboacións. É autor e coautor de máis de 150 publicacións científicas e foi o primeiro español en lograr o premio da Sociedade Internacional de Xenética Forense. Entre as súas liñas de investigación destacan pola relación coa temática da súa intervención neste congreso:
- Patróns de variación en distintos grupos de poboacións humanos (arqueoxenética/antropoloxía molecular): Nativo Americanos, Europeos, Asiáticos, Africanos, poboacións mestizadas (p.e. ‘Afro-Americanos’)
- Estudo de grandes movementos demográficos en poboacións humanas (expansión Bantú, tráfico de escravos trans-Atlántico, migración e mestizaxe en poboacións americanas, etc.) e os seus efectos na distribución da variabilidade humana
- Patróns de desequilibrio de ligamento en poboacións humanas
- ADN antigo
- Métodos para a inferencia da orixe xeográfica baseado na análise de perfís xenéticos haplotípicos e de SNPs non ligados
- Filoxenética e filoxeografía
Dende estas e outras liñas de investigación fixo interesantes apartacións sobre a base xenética da adaptación térmica que aportará neste congreso, facendo especial fincapé nos efectos do cambio climático sobre a estrutura xenética das poboacións e na identificación de marcadores xenéticos de susceptibilidade ao estres térmico.
Mesas redondas > Respostas educativas ao cambio climático
José Antonio Caride Gómez
Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía), é Catedrático de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Director do Grupo de Investigación “Pedagoxía Social e Educación Ambiental” (SEPA-interea), tamén dirixe a Rede de Investigación en Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), no marco do Sistema Universitario Galego.
As súas liñas de investigación articúlanse arredor de: Educación Ambiental, desenvolvemento e sustentabilidade; Educación Social, Administracións Públicas e Políticas Culturais; Educación e Sociedade en Galicia; tempos educativos e sociais.
Autor de máis de 300 publicacións e dun amplo volume de relatorios en congresos, entre elas:
- CARIDE, J. A. e MEIRA, P. A. (2001): Educación Ambiental y Desarrollo Humano. Ariel, Barcelona.
- CARIDE, J. A. (2005): Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Gedisa, Barcelona.
- CARIDE, J. A.; FREITAS, O. e VARGAS, G. (2007): Educação e Desenvolvimento Comunitário Local: perspectivas pedagógicas e sociais da sustentabilidade. Profediçoes, Porto.
- CARIDE, J. A. (2009): Los derechos humanos en la educación y la cultura. Homo Sapiens, Rosario–Argentina.
Forma parte de Consellos Científicos e Editoriais de Revistas editadas en varios países, así como de diversos Comités de Avaliación nacionais e internacionais. Ten dirixido 29 Teses Doutorais e máis de 60 de Mestrado e Licenciatura.
Desde 2002 preside a Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), da que é membro fundador. En 2004, en Chile, foille concedida a “Orde ao Mérito Institucional” do Consello Mundial da Educación-World Council For Currículum and Instruction.
Fernando Ojeda
Doutor en Ciencias da Educación e Licenciado en Ciencias Biolóxicas.
Traballa como profesor de Secundaria e Bacharelato no Colexio da Presentación de Málaga desde o ano 1989.
Dedica parte do seu tempo á Formación Ambiental noutros ámbitos (Formación Ocupacional e Educación non formal) colaborando con distintas entidades.
Forma parte, desde a súa creación, do Grupo Transdisciplinar de Medio Ambiente da Universidade de Málaga e colabora con varios proxectos de investigación educativa coa Universidade de Granada. Publicou distintos libros sobre temáticas ambientais e educativas, e en numerosas revistas especializadas e puxo en marcha diversas iniciativas internacionais entre as que destacan as relacionadas coa difusión da rede europea TOUCH de educación Ambiental e Green Teachers Network, promovida desde a Comisión Europea.
Traballa con Ecotopía en formación e Educación Ambiental e coordina o proxecto online Ecourban.
José Manuel Bouzán
Mestre e Secretario no CEIP de Palmeira. Coordinador do Equipo de Novas Tecnoloxías do CEIP de Palmeira.
Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas. Ex-asesor TIC da Consellería de Educación.
Autor de diferente software relacionado coa educación, PrimaWin, Os nosos Seres Vivos, As nosas paisaxes, Creación de Xogos de Palabras, Ardora, etc.
Coordinador e membro de diferentes Seminarios Permanentes relacionados todos eles co ámbito da aplicación das TIC á aula.
Relator e ponente en diversos cursos de formación do profesorado, proxectos de formación en centros, mesas redondas e congresos tanto estatais como internacionais.
Juan Ignacio Pozo
Juan Ignacio Pozo é Catedrático na Facultade de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Madrid, onde imparte materias relacionadas coa Psicoloxía da Aprendizaxe tanto en Grao como en Posgrao.
As súas investigacións estiveron centradas na aprendizaxe de conceptos e procedementos en diferentes áreas do currículo (historia, física, química, filosofía, música, gramática, etc.), especialmente na educación secundaria e a universidade, sempre no marco de equipos interdisciplinares, xunto a profesores ou especialistas desas áreas, cos que publicou numerosos libros e artigos en revistas especializadas. Así mesmo desenvolveu un labor teórico na análise e á proposta de modelos cognitivos de aprendizaxe, froito do cal publicou diversas obras (Teorías cognitivas da aprendizaxe, Morata, 1989, Solución de problemas, en Santillana, 1994, Aprendices e mestres, reeditada en Alianza, 2008, ou Humana mente. O mundo a conciencia e a carne, Morata, 2001, Adquisición de Coñecemento, Morata, 2003).
Tamén traballou na forma de promover mellores estratexias de aprendizaxe nos alumnos en distintos niveis educativos, con publicacións tales como A aprendizaxe estratéxica, compilado xunto a Carles Monereo (Ed. Santillana, 1999) ou máis recentemente A psicoloxía da aprendizaxe universitaria: a formación en competencias (Morata, 2009), xunto a María do Puy Pérez Echeverría.
Nos últimos anos estudou as concepcións de profesores e alumnos sobre a aprendizaxe e o ensino e a forma en que estas concepcións deben modificarse para atender ás novas demandas educativas, publicando o libro Novas formas de pensar o ensino e a aprendizaxe: as concepcións de profesores e alumnos (Graó, 2006).