Os días 7 e 8 de maio terá lugar, no Centro Social de Caixanova, en Pontevedra, o I Congreso Climántica de respostas educativas ao cambio climático.
Os contidos que se expoñen nas dúas sesións plenarias de que consta o Congreso son, por unha banda, a aproximación a modelos extraídos das experiencias piloto do proxecto para a súa aplicación noutros centros; e por outro, a toma de conciencia da problemática relativa ao cambio climático, para o que se crearán tres mesas redondas:
- Da alerta de riscos á esperanza de solución do problema.
- Mitigación e adaptación.
- Impulso de respostas educativas: tranversalidad, innovación e redes educativas globais apoiadas na web 2.0 e nas ferramentas TIC educativas.
As sesións plenarias complétanse coa conferencia-coloquio “Estratexias e técnicas para superar barreiras na comunicación do cambio climático”, impartida polo xornalista Manuel Campo Vidal.
As mesas de comunicacións previstas para desenvolverse entre as 15:30 e 17:30 do sábado 8 de maio configuraranse coas experiencias dalgúns dos asistentes, seleccionados entre os que desexen participar como comunicadores/as, previo envío e aceptación dos resumos enviados a través deste sitio web. A Consellería de Educación solo certificará aquelas das que se encargue un único poñente e que se ateñan ás seguintes especificacións:
- Un mínimo de 35 minutos e un máximo de 45 minutos de exposición.
- Un mínimo de 15 minutos e un máximo de 20 minutos de debate.
De seleccionarse presentacións orais cuxa duración proposta sexa inferior a este marco temporal ou que sexa desenvolta por máis dun autor/a comunicador/a, a certificación da presentación correrá a cargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.